browser icon
You are using an insecure version of your web browser. Please update your browser!
Using an outdated browser makes your computer unsafe. For a safer, faster, more enjoyable user experience, please update your browser today or try a newer browser.

Bicicoruña desde la perspectiva de un barrio aislado

Posted by on 22 agosto, 2012

Análisis simple de la cobertura del servicio público de alquiler de bicicletas en A Coruña desde la perspectiva de un barrio. Escrito en ocampodafresa.org

Dende hai un tempo tiñamos ganas de publicar algo sobre o servizo de aluguer de bicicletas do que, dende hai uns anos veñen desfrutando os cidadáns do Concello da Coruña. O programa, que parte da iniciativa do INEGA, IDAE e o propio concello da Coruña está enfocado a facilitar os desprazamentos baixo criterios de aforro enerxético e dunha forma sustentable. Bicicoruña comezou tímidamente un mes de xullo do 2009 e ano tras ano obtivo cada vez mellores datos de uso. Por 30€ anuais calquera usuario da tarxeta millenium pode dispoñer deste servizo todo o ano coas seguintes condicións.
Neste tempo o número de estacións tamén aumentou considerablemente ate as 19 coas que conta o servizo na actualidade, cubrindo así boa parte do casco urbán pero ¿podemos dende o noso barrio acceder de forma cómoda ó servizo?

Na seguinte imaxe podemos apreciar a distribución dos puntos de estacionamento das bicicletas ao longo da cidade. Ademáis quixemos dispor varios aneis de influencia que representan a distancia á que se atopan as estacións. De máis escuro a máis claro en función da maior distancia á estación, o primeiro anel delimita a distancia entre 0 e 150m (aproximadamente 2 minutos a pé), o segundo entre 150 e 300m (4 minutos) e o terceiro de 300 a 450m (6 minutos). O tema do tempo non está posto en balde, xa que é un factor moi importante de cara a asegurar o uso do sistema no día a día.
Sen facer moito esforzo, apreciase unha lagoa de déficit de servizo na zona sur do concello que engloba a os polígonos industiais, campus universitario de Elviña, a primeira e a segunda fase de Elviña, Barrio das Flores , Castrillón e como non o barrio de Eirís. (Podes facer click sobre as imaxes para ollalas en tamaño grande)
Achegándonos ó barrio podemos apreciar a distancia á que nos atopamos das dúas estacións que están máis preto, estas son as de San Diego no barrio dos Castros e a do barrio de Matogrande. Sobre a imaxe anotamos as distancias dende os Centros Cívicos Municipais de Eirís e o Castrillón, distancias en liña recta, distancias a pé e unha aproximación do tempo que se tardaría a pé a unha media de 4.5km/h.
Claramente os servizos cos que conta Bicicoruña non dan cobertura nin a Eirís nin ao Castrillón.
Logo de poñernos en situación, propoñemos tres ubicacións dun hipotético novo lugar para unha estación, que dea servizo non só ao barrio senón a un ámbito ou sector dos barrios que na actualidade quedan «fora de servizo».
OPCIÓN 1 – Boka
Ubicada entre os barrios de Monelos, Castrillón, Eirís e Barrio das Flores. Non chegaría xustamente ós barrios de Eirís-Castrillón, pero sería unha ubicación que deixaría a uns e a outros a cinco minutos do servizo. Ademáis aforraría forzas e desmotivacións ó evitar as fortes pendentes despois de deixar atrás Monelos. O lugar proposto podería ser este por espazo e acceso (paso de peóns próximo para cambiar o sentido)
OPCIÓN 2 – CÚPULA
Esta é unha das opcións que están a circular últimamente polas redes. A descartaríamos por non dar boa cobertura ós veciños dos barrios de Castrillón-Eirís-Barrio das Flores. A cota da estación tamén sería elevada coas conseguintes pendentes para acceder. Espazo para o servizo hai dabondo.
OPCIÓN 3 – TIROLINA
Daría un servizo teóricamente óptimo ó barrio do Castrillón, pero quedaría nunha zona de moita cota e rodeado de fortes pendentes. Igualmente descartaríamos polas fortes pendentes a zona do Castrillón da Praza de Pablo Iglesias
Vese claro que calquera destas tres solucións contribuiría a achegar o servizo a tres novos barrios da cidade, que carecen del na actualidade, cunha mínima inversión que suporía a instalación de unha soa parada máis, e que ademáis faría que non existise unha marxinación tan grande entre as estacións de San Diego e Matogrande, facendo de ponte entre elas, e tamén con respecto ao entramado de estacións no centro da cidade.
PROPOSTA
Feita a análise, proclamamos como mellor opción a primeira, no alto da Avenida de Monelos. De facerse realidade o mapa de estacións cubriría un ámbito de tres barrios polo custo de unha estación. No seguinte mapa, en azul, a ubicación proposta.
Todas as capturas son de elaboración propia. O sofware utilizado foi gvSIG, Sistema de Información Xeográfica libre.
As diferentes capas están representadas sobre ortofoto do PNOA.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *