A cidade do ruido

Vivimos na cidade do ruido, enfrascados en sobrevivir no noso día a día ignoramos que a cidade do coche afecta á nosa saúde incluso aínda que non sexamos conscientes. Unha cidade que priorice o coche sobre o resto dos modos de transporte provoca afeccións non só a nivel respiratorio, da cidade dos coches tamén nos afecta co ruido provocando, a niveis de ruido sostidos superiores a 60dB:

– Dilatación de las pupilas y parpadeo acelerado.
– Agitación respiratoria, aceleración del pulso y taquicardias.
– Aumento de la presión arterial y dolor de cabeza.
– Menor irrigación sanguínea y mayor actividad muscular. Los músculos se ponen tensos y dolorosos, sobre todo los del cuello y espalda.

Onte, de casualidade, estiven xogando coa miña filla no parque de Catro Camiños. O nivel de ruido non baixaba dos 62dB (non ten valor científico, foi tomado cunha aplicación móbil), o que provoca que non poidas ter unha conversa cun tono normal e teñas que forzar a voz para facerte entender.

Por sorte non vivo nunha das moitas zonas ruidosas da Coruña. 4 Camiños é para min o mellor dos exemplos, zonas verdes que se usan só como zonas de tránsito, máis pouca xente para a desfrutalos insconscientemente polo malestar e a mala sensación no corpo que produce o ruído. Outras zonas son San Andrés, Cantóns, Rondas…

As decisións que se toman a nivel público que xiran en torno á mobilidade van moito máis alá dun simple cambio de modo de transporte. Estas inflúen no noso ritmo de vida, en como interactuamos no noso barrio ou polas zonas polas que camiñamos, en cómo e en onde consumimos, en como renunciamos a aproveitar os espazos públicos…

As decisóns que se toman en mobilidade son, baixo o meu punto de vista, aquelas que máis poden afectar e cambiar o modelo de cidade no que vivimos. Non os tomedes á lixeira

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/10/16/urbanismo-planifica-desatascar-trafico-paso/889036.html

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *